CRTVG

Buscar

O Camiño volve bater o récord de peregrinos por terceiro ano consecutivo

Publicado o 30/12/2019 14:45

O impulso do que xa todos chaman O Camiño espállase coma unha linguaxe universal. Por terceira vez consecutiva supérase o récord, a fin de ano preto de 348.000 compostelas. O espírito de 180 países do mundo gaña adeptos.

O Centro Internacional de Acollida ao peregrino amosa este fenómeno cultura e social, en cifras: máis de Europa e Asia, de España, Corea, Italia e Alemaña. Os camiños máis utilizados, o Francés e Portugués, homes e mulleres entre 30 e 60 anos.

Compostela escribe unha nova historia, por onde avanzan os camiñantes xacobeos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/12/2019