CRTVG

Buscar

O Burela Pescados Rubén perde na cancha do Cartaxena

Publicado o 23/01/2021 16:51

Continuamos con fútbol sala, e coa derrota apañada esta mañá polo Burela en Cartaxena.

O equipo galego sumou o quinto partido consecutivo sen gañar. Caeu na pista do terceiro clasificado do campionato. Alex Diz puxo o Burela por diante pero o Cartaxena tardou só uns segundos en igualar. Ao descanso, o marcador sinalaba un incerto 2-1 pero na segunda metade o Burela caeu vítima da súa febleza defensiva. 7-4 foi o marcador final deste partido que abría a segunda volta na Primeira División.

Noticias web

23/01/2021