CRTVG

Buscar

O Burela derrota o Noia na final da Copa Galicia

Publicado o 09/01/2021 23:14

 Burela Pescados Rubén 5 Noia Portus Apostoli 2
E a sección masculina do club tamén acadou un título esta tarde, a Copa Galicia correspondente á temporada pasada. Venceu na final disputada en Narón o Noia Portus Apostoli, que foi quen de adiantarse no marcador por medio de Antonio Diz diante dun rival de categoría superior. Pero o Burela non se deixou sorprender e remontou de xeito espectacular, con cinco goles consecutivos. Marcaron Álex Diz, Diego Quintela, dous de David Pazos, e Javi Rodríguez. No treito final acurtou diferenzas Rangel.

 

Noticias web

09/01/2021