CRTVG

Buscar

O Burela demostra o seu gran momento e gaña o derbi da LNFS (6-3)

Publicado o 14/11/2020 21:12

O derbi da Liga Nacional de Fútbol Sala amosou as tendencias que o Burela e O Parrulo veñen demostrando ao longo da competición. O Pescados Rubén amosouse como un equipo sólido, capitaneado por un inmenso Edu baixo paus e con Renato en estado de graza. Renato e Pitero puxeron o dous a cero no descanso.

O Parrulo saíu mellor do vestiario e froito dese dominio conseguiu meterse no partido, primeiro co gol de Iago Rodríguez e logo co do capitán, Miguel. Pero ao cadro ferrolán fáltalle consistencia. Logo de facer o máis complicado tivo un despiste na defensa dunha bóla parada que aproveitou Javi Rodríguez para marcar o gol do partido.

De aí ao final O Parrulo arriscou e o Burela aproveitou ese risco para aumentar a diferenza. Renato marcou dous goles para completar unha tripla. E Isma anotou un dobrete para poñer o definitivo seis a tres. Na Mariña celebran o quinto posto provisional mentres en Ferrol seguen as alarmas acendidas con só dous puntos en sete xornadas.

Noticias web

14/11/2020