CRTVG

Buscar

Buscan frear o brote na Mariña onde cinco veciños están hospitalizados

Publicado o 08/07/2020 14:59

• O abrocho na costa de Lugo sitúa a provincia con 15 casos máis ca onte

A Xunta estuda unha apertura gradual da comarca

Os casos de coronavirus baixan en Galicia pero a estatística racha polo brote da Mariña, que coloca a Lugo como a provincia que ten case o 70 por cento de tódolos afectados galegos por covid. Son 166.... 15 máis ca onte. Agora mesmo hai cinco veciños da Mariña que se tratan en hospitais, ningún deles na UCI.

Paseamos por Burela de mañá... "Pouca xente. Os turistas marcharon. Poquiña xente", di unha veciña. "Eu saio pola mañá a comprar métome na casa e xa está", engade outra.

Máis movemento en supermercados e bancos... Menos en terrazas máis baleiras e por todo o municipio veciños cumprindo as regras: distanciamento e máscara. como nos confirman na rúa: "A xente vai toda con máscara. O medo é libre..."

O momento obriga a cambios na rutina: "Nós adoitamos ir de compras a outros sitios e a día de hoxe..."

Ampliáronse as medidas de prevención e o Concello prohibe estar máis de dúas horas ao día na praia, sempre con máscara. "Agora intentamos tela e só sacala para beber. E, por exemplo cando imos á praia ou paser levala sempre posta porque é verdade que cando o ves tan de preto da máis respeto e intentamos tomar máis medidas", explica unha moza.

En Burela, Xove e Foz, tres dos catorce concellos da comarca da Mariña pechados para frear o brote do coronavirus, é onde se concentran case o noventa por centos dos casos detectados. Refórzanse por terra e aire os estritos controis de mobilidade. As próximas será determinante para decidir se se suavizan por zonas.

Noticias web

08/07/2020