CRTVG

Buscar

O Breogán remonta e gaña a súa terceira Copa Princesa

Publicado o 23/01/2021 18:04

 Leite Río Breogán 85 Alacant 74
Nesta temporada atípica, a Copa Princesa citaba os primeiros clasificados dos dous grupos da LEB Ouro, dous equipos, o Leite Río Breogán e o Lucentum Alacante, que aínda compararan potencial na liga. E todo isto nun escenario con só 250 espectadores, que tiveron a fortuna de presenciar un partido intenso, con alternativas e con cinco minutos de engadido.

O Breogán manexou o partido con diferenzas mínimas durante algo menos de 30 minutos, pero nunca se sentiu cómodo en ataque. O Lucentum incomodou a Larsen e tivo o seu momento no partido. Un parcial de 0-12 entre o final do terceiro cuarto e o inicio do último facía presaxiar o triunfo visitante. Con dez de desvantaxe, o Breogán devolveu o parcial, 12-2 para levar o partido á prórroga. Puido evitalo o veterano Llompart, que tivo o último lanzamewnto, con empate a 69, case sobre a bucina.

No tempo engadido, só houbo un equipo. O Breogán pasou por riba doi rival cun excelso Kacinas. El, que comezara a remontada, deixou o partido decidido. A terceira Copa do Breogán ten valor engadido. Os lucenses terán vantaxe de cancha nos playoffs ata a final, se conseguen rematar a liga entre os catro primeiros.

Noticias web

23/01/2021