CRTVG

Buscar

O Breogán presume de historia na presentación da Copa Princesa

Publicado o 19/01/2021 21:33

A Copa Princesa de Baloncesto enfrontará o próximo venres os líderes dos dous grupos da LEB Ouro. O Breogán loitará polo título, e ademais como anfitrión. Diante estará o Alacante.

Esta tarde foi o acto de presentación da final. Alí se presentou a camisola de edición limitada coa que o Breogán buscará a súa terceira copa. Será o venres a partir das sete e media no Pazo dos Deportes de Lugo. Só se puxeron á venda 250 entradas, esgotáronse en oito minutos.

Nese acto houbo representación de tres xeracións de protagonistas na historia do Breogán. A primeira con Antonio Seral, a intermedia con Suso Fernández e a actual cun xogador en activo e ademais de Lugo, Eric Quintela. 

Noticias web

19/01/2021