CRTVG

Buscar

O Breogán faise co derbi ante o Leyma (60-68) e colle o liderado

Publicado o 02/12/2020 11:08

O Leite Rio Breogán impúxose por 60-68 ao Leyma Coruña nun duelo de dous aspirantes a todo nesta temporada.

Non foi un choque brillante en ataque por parte de ningún dos dous equipos. Os lugueses mandaron no marcador en todo momento, salvo uns minutos no terceiro cuarto. E os coruñeses pagaron os erros e as malas decisións no último. Con este triunfo o Breogán pasa a liderar o seu grupo empatado a catro vitorias e unha derrota co Valladolid, ao cal xa superou no duelo directo.

 

Noticias web

02/12/2020