O Breogán gaña a Copa Princesa na prórroga diante de Alacant (85-74)
O Breogán gañou a Copa Princesa na prórroga diante do Alacant (85-74). No tempo suplementario o conxunto galego foi moi superior (16-5) e acadou o terceiro título da súa historia.
Nos dous primeiros cuartos o Breogán foi sempre por diante con diferenzas que nunca foron máis aló dos oito puntos. Ao descanso chegouse cun 39-33. No terceiro cuarto o cadro alacantino conseguiu recortar diferenzas e irse por diante no marcador (54-55), unha vantaxe que incrementou no período decisivo, no que chegou a ir gañando por oito puntos.
O Breogán reaccionou e conseguiu igualar o partido (69-69). O Alacant tivo a última posesión para gañar pero fallou o tiro no último segundo e o encontro tivo que decidirse nunha prórroga na que só houbo a cor azul celeste dos de Lugo.