CRTVG

Buscar

O Breogán cae en Oviedo logo dunha prórroga

Publicado o 26/01/2020 12:20

Derrota do Leite Río Breogán na súa visita a Pumarín. Caeu diante dun Oviedo Baloncesto situado na zona baixa da clasificación. Os lucenses foron case sempre por detrás no marcador pero no último cuarto recuperaron unha desvantaxe de 11 puntos para forzaren a prórroga. No tempo complementario, o Breogán só puido anotar cinco puntos e perdeu por seis de diferenza (72-66)

Os de Epi volveron evidencir carencias no xogo interior, tanto defensivo como ofensivo. Os seus cincos só aportaron sete puntos, iso si, cun xogo que abusou do lanzamento exterior. Os galegos lanzaron 28 triplas e só anotaron 6.  En defensa, concederon 19 puntos a Arteaga e 17 a Jakstas. O máximo anotador dos galegos foi Gavrilovic con 16 puntos. Arco e quintela apòrtaron 11 cada un.

Durante o partido, o Breogán perdeu a Ahonen por lesión. Esa baixa, unida á mala forma de Cristian Díaz, obrigrou a forzar a participación de Soluade, con moitos problemas físicos.

Coa derrota, o Breogán ve xa moi lonxe o ascenso directo, que queda a catro vitorias.

Noticias web

26/01/2020