CRTVG

Buscar

O bo tempo anima a saír ás rúas na fin de semana grande do Entroido galego

Publicado o 22/02/2020 21:53

Día grande o deste sábado no calendario do Entroido. Humor, enxeño e tamén tradición combínanse nun dos días máis coloridos e divertidos do ano. En Xinzo todo o protagonismo foi nesta xornada para as charangas.

Noutras moitas localidades as comparsas e os disfraces competiron na rúa polo súa orixinalidade. Foi o caso de Pontevedra, Foz ou A Coruña, onde os participantes conseguiron arrancar máis dun sorriso aos asistentes que ateigaron as rúas animados tamén polo bo tempo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/02/2020