O BNG propón visitas guiadas en Meirás para interpretar a historia recente do pazo
Publicado o 07/12/2020 16:13
A familia Franco terá que entregar este xoves por orde da xuíza as chaves do pazo de Meirás.
O BNG aplaude a sentenza e pide que o inmoble se converta nun lugar de memoria histórica contra o franquismo.
Propón visitas guiadas para interpretar a historia recente do pazo.
"Esta visita guiada, interpretativa, que pode contar ademais con paneis explicativos, ten que ser elaborada por persoas expertas na materia e entendemos que debería contemplar a súa función como residencia de Pardo Bazán, o uso que se lle deu durante a ditadura, tamén o expolio franquista", dixo Luis Bará, BNG.