CRTVG

Buscar

O BNG pide que se destinen máis fondos da UE para ao sector pesqueiro galego para compensar o 'brexit'

Publicado o 04/02/2021 15:15

Europa reserva só 2,2 millóns de euros para o sector pesqueiro español no Fondo de Compensación polo brexit. Desde o BNG piden que os gobernos de España e de Galicia presionen para incrementar esa cantidade.

O BNG alerta sobre as repercusións do brexit no sector pesqueiro e pide unha ofensiva política para minimizar os efectos sobre a frota.

Reclaman que se recoñeza a Galicia como zona altamente dependente da pesca e poder asistir ás negociacións dos futuros acordos co Reino Unido.

"Dentro dos 5.000 millóns de euros orzamentados para compensar o impacto do brexit na UE hai 1.000 que aínda non está decidio como vai ser a repartición e nós cremos que sería importante fose para compensar ao sector galego que, desde a entrada na UE ata a saída do Reino Unido da mesma, non fixo máis que perder", dixo a voceira nacionalista, Ana Pontón.

Noticias web

04/02/2021