O BNG pide a intervención pública da fábrica de San Cibrao, unha vía "legal e viable"
Publicado o 09/10/2020 14:37
A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, pide a intervención pública da planta de Alcoa. Di que o peche da factoría é a acta de defunción da Mariña.
"Dende o BNG pedimos a Xunta e Goberno que estean a altura deste momento, non se pode permitir que se perda nin un só posto de traballo, hai unha vía que é legal e viable que é unha intervención pública, unha nacionalización que garanta que non imos perder nin un só posto de traballo porque é evidente que sen industria non temos futuro", manifestou a voceira nacional do BNG, Ana Pontón.