CRTVG

Buscar

O BNG persegue que se investigue o accidente do Alvia no Congreso e no Europarlamento

Publicado o 22/01/2020 15:12

O BNG vai presentar novas iniciativas en Bruxelas e no Congreso para conseguir unha comisión de investigación independente sobre o accidente do Alvia en Angrois. Consideran inadmisible que case sete anos despois do sinistro aínda non se aclararan as responsabilidades, e pídenlle ao novo Goberno que presente un plan de seguridade ferroviaria de forma inmediata para evitar novos sinistros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/01/2020