CRTVG

Buscar

O BNG inicia os actos de celebración do Día da Patria cun chamamento á rebeldía da mocidade

Publicado o 24/07/2020 21:22

O BNG inicia os actos do Día da Patria.  Como cada 24 de xullo, Galiza Nova, a  súa organización xuvenil, rende homenaxe a Rosalía e a Castelao.  Fixérono cunha ofrenda floral no panteón de galegos ilustres. A voceira nacional do BNG recordou que se cumpren 100 anos da celebración do Día da Patria, o 25 de xullo. Nun acto xuvenil e coa eleccións recentes, Ana Pontón, agradaceulles aos mozos a súa contribución, dixo, ao resultado histórico do BNG e apelou á súa forza para un cambio en 2024.

"O 12 de xullo non acabou nada. Eu digo que o 12 de xullo empezou todo. Empeza porque hai unha forza que é imparable que é esa forza da mocidade que está reclamando un futuro digno coa man do BNG e que o vai seguir facendo para que en 2024 poñamos en marcha o cambio galego e lideremos este país para darlle futuro á mocidade"."O 12 de xullo non acabou nada. Eu digo que o 12 de xullo empezou todo. Empeza porque hai unha forza que é imparable que é esa forza da mocidade que está reclamando un futuro digno coa man do BNG e que o vai seguir facendo para que en 2024 poñamos en marcha o cambio galego e lideremos este país para darlle futuro á mocidade", di Ana Pontón, voceira nacional do BNG.

Noticias web

24/07/2020