CRTVG

Buscar

O BNG garante que se chega ao Congreso loitará pola transferencia da AP-9 e a eliminación das peaxes

Publicado o 30/10/2019 14:20

O BNG loitará pola transferencia a Galicia da AP-9 se acada representación no Congreso tras as eleccións do 10 de novembro.

A voceira nacional, Ana Pontón, cualificou de estafa legalizada a situación da vía que vertebra o Eixe Atlántico galego. A líder do Bloque percorreu nun camión o treito da autoestrada entre A Coruña e Santiago para se solidarizar cos transportistas, comprometeuse a demandar tamén a eliminación das peaxes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/10/2019