CRTVG

Buscar

O BNG considera inadmisible adiar máis a baixada das peaxes da AP-9 e pídelle ao PSOE que rectifique

Publicado o 07/01/2021 14:30

Desde o BNG pídenlle ao Goberno que rectifique o anuncio do primeiro semestre como data para a baixada das peaxes na AP-9.

O deputado Néstor Rego urxe que se aplique este acordo de investidura xa, e ameaza con mobilizacións se non é así:  "É absolutamente inadmisible que a estas alturas se estea a falar dun prazo de seis meses, cando tiveron desde xaneiro de 2020 para poder facer os cambios normativos necesarios. Queren que creamos que para elaborar este decreto é necersario ano e medio? Pretenden rirse de todos os galegos e galegas?".

 

Noticias web

07/01/2021