CRTVG

Buscar

O Blue Star será reparado na área de Carenas de Navantia Ferrol

Publicado o 17/12/2019 19:25
O Blue Star será reparado na área de Carenas de Navantia Ferrol

O armador do buque Blue Star, que permaneceu encallado máis de quince días na costa de Ares (A Coruña), chegou a un acordo coa empresa naval pública Navantia para reparar a embarcación no estaleiro situado na ría de Ferrol. Así o trasladaron a Europa Press fontes da empresa naval, que tamén manifestaron que o traslado do buque desde o seu actual emprazamento, no peirao de Curuxeiras, no porto interior de Ferrol, está previsto para o vindeiro xoves, 19 de decembro, para poder realizar a súa varada e posterior reparación.

Actualmente, xa se está cos trámites de comprobación da documentación achegada polo armador do buque e, polo momento, todo está correcto. Para poder trasladar o buque quimiqueiro ao estaleiro ferrolán será necesaria a utilización de varios remolcadores, xa que o barco sinistrado non conta con propulsión, tras retirarse o seu combustible, ademais de presentar unha lixeira escora e non estar estabilizado.

O barco tamén presenta varias fisuras no seu casco, producidas tanto durante o accidente marítimo de encallamiento, cando chocou cunha zona rochosa de costa, como pola acción do mar durante os días que estivo varado. Pero ditas brechas só afectan á chapa exterior, xa que os tanques non se viron afectados, ao ser de dobre casco.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí