O bipartito do Valadouro ás portas da ruptura
Publicado o 03/07/2019 12:11
O bipartito formado polo PSdeG e o BNG no concello lugués do Valadouro está as portas da ruptura. Salvo un acordo de última hora esta tarde nun pleno extraodinario reorganizaranse as concellerías para que os socialistas pasen a gobernar en minoría.
Os grupos non alcanzaron un acordo sobre as retribucións a percibir dos concelleiros de ambos partidos. As desavinzas entre as dúas formación neste concello xa quedaron de manifesto nas negociacións do pacto de goberno, un pacto que se asinaba a tan so 45 minutos do pleno de constitución do concello.