CRTVG

Buscar

O belén máis popular de Outes é o dun veciño de Carballido que monta 20 metros cadrados

Publicado o 01/01/2020 14:50

A habitación do tesouro para Francisco, por un par de meses, é o salón comedor que converte nun laboratorio onde deixar voar o maxín e argallar as esceas e os elementos que quere recrear no seu belén. Un belén que, por dimensión, ten que montar na ampla entrada da casa. É o segundo ano que o fai tan grande, uns vinte metros cadrados. E este é especial porque é o primeiro ano que falta o seu pai, e a el dedicoullo.

Podemos achegarnos ata a parroquia outense de Cando a admirar o Belén ata o día 12 de xaneiro. Moitos xa pasaron, mesmo desde Cataluña.

Aínda non o desmontou e xa está teimando no do vindeiro Nadal. Quere que estea inspirado en Galicia, con construccións tradicionais e algún monumento da zona e mesmo ten xa algunha peza feita. Pero, a saber con que sorprenderá, ten un ano por diante e unha cabeza que non para.


 

Noticias web

01/01/2020