CRTVG

Buscar

O bebé de Lugo supostamente maltratado polos pais evoluciona favorablemente

Publicado o 29/08/2019 14:38

O bebé presuntamente maltratado en Lugo polos seus pais evoluciona favorablemente da operación de desprendemento de retina á que foi sometido en Madrid.

O meniño segue ingresado no hospital da Paz, onde tamén se lle realizaran varias probas diagnósticas relacionadas coa porencefalia que sofre.

Os pais declararon nun medio de comunicación que farán todo o posible por recuperar a custodia do menor, que agora ten a Xunta. O bebé fixo onte tres meses.

Noticias web

29/08/2019