CRTVG

Buscar

O bebé de Lugo supostamente maltratado polos pais agarda en Madrid a ser operado

Publicado o 26/08/2019 14:39

O bebé lugués de dous meses presuntamente maltratado polos seus pais segue estable dentro do seu estado delicado. Xa está ingresado no Hospital da Paz de Madrid e á espera de ser operado do desprendemento de retina que sofre.

Un coidador contratado pola Xunta acompaña o pequeno as 24 horas do día e está en contacto directo co Servizo de Menores da Administración, que son os que teñen a súa tutela.

Dende a Xunta confirmaron que, de momento, ningún familiar se puxo en contacto nin solicitou o acollemento do neno. Lembremos que os pais están investigados por un delito de violencia doméstica e abandono familiar.

Noticias web

26/08/2019