CRTVG

Buscar

O BBVA prevé un crecemento da economía española do 1,6 por cento para 2020

Publicado o 15/01/2020 15:00

O BBVA confirma a previsión de crecemento da economía española do 1,6% para este ano. Unha previsión menos optimista que a do Goberno, e que supón un crecemento inferior ao de 2019.

O servizo de estudos non analiza o impacto das medidas do acordo de Goberno entre o Partido Socialista e Unidas Podemos. Pero pide cautela á hora de lexislar e advirte dun efecto da última suba do salario mínimo interprofesional.

Para 2021 o BBVA agarda un crecemento maior da economía española impulsada por Europa.

Noticias web

15/01/2020