CRTVG

Buscar

O BBVA avanza que a economía española caeu máis do 12% no primeiro trimestre

Publicado o 14/04/2020 07:15
O BBVA avanza que a economía española caeu máis do 12% no primeiro trimestre

O presidente de BBVA, Carlos Torres, avanzou este luns que as previsións do banco son que a economía española caeu entre un 12 e un 13 % no primeiro trimestre do ano por causa da pandemia do coronavirus, o cal pode facer perder máis dun 8 % do PIB no conxunto do ano.

O máximo executivo de BBVA explicou que se verán "caídas moi fortes" da economía polo menos ata o terceiro trimestre, antes de que España comece a rexistrar taxas "moi positivas" de avances, pois está convencido de que a saída da recesión será en "V".

"A pandemia terá unha duración curta", pero deixarase notar na economía porque aínda que a actividade se recupere parcialmente, funcionando a un 60 %, réstanse polo menos oito décimas de crecemento, advertiu durante unha entrevista.

Ante esta situación, Torres avogou por seguir tomando medidas que axuden ás empresas para así protexer ao máximo o emprego.