CRTVG

Buscar

O Baxi Ferrol supera a mellor marca da LF2 de baloncesto con 22 vitorias consecutivas

Publicado o 28/02/2021 14:42

Na Liga Feminina 2 segue a marcha triunfal do Baxi Ferrol. Acaba de derrotar na Malata o Ardoi, o segundo clasificado, e asegura matematicamente o primeiro posto do grupo. Ademais, con 22 vitorias noutros tantos partidos supera a marca da categoría. O partido contra o Ardoi tivo tres primeiros cuartos de claro dominio ferrolán e as galegas sufriron no derradeiro, no que encaixaron un parcial de 2-23. Malia todo, triunfo 57-53
 

Noticias web

28/02/2021

Máis sobre actualidade