O Baxi Ferrol segue camiño de facer unha fase regular da LF2 para a historia
Publicado o 17/01/2021 14:39
Hoxe queremos botar un ollo á Liga Femina Dúas porque o Baxi Ferrol segue imparable. Onte mallaron no Miralvalle Plasencia, o equipo que ocupaba a terceira posición. Venceron 92-43 e continúan invictas: 16 vitorias noutros tantos partidos. Nunca un equipo rematou a competición sen derrotas. Quedan dez partidos de fase regular para entrar na historia.
Máis sobre actualidade
03/03/2021 21:33
03/03/2021 21:27