CRTVG

Buscar

O barrio lugués da Tinería sae da marxinalidade coa rehabilitación

Publicado o 25/11/2019 14:33

Lonxe quedan as imaxes do barrio da Tinería, o máis antigo da cidade de Lugo, como una zona marxinal con prostitución nas rúas e con numerosas casas abandonadas. Paseniño esa a imaxe foi mudando. Dende hai anos, a Xunta está a recuperar e rehabilitar os edificios da zona converténdoos en vivendas de alugueiro. Loitan así contra o abandono ao tempo que lle dan unha nova vida aos centros históricos.

"Poñen en valor esta zona e esto supón que xa teñamos 36 inmobles rehabilitados que deron lugar a 87 vivendas que están alugadas e non deixamos de facelo. Agora visitaremos dous inmobles máis que estarán rematados no primeiro trimestre de 2020", destacou Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Os traballos de rehabilitación na Tinería inclúen tamén o pazo de Dona Urraca. Aquí a Xunta ten previsto emprazar unha oficina de turismo e solicitoulle ao concello a cesión de varios inmobles nas inmediacións para seguir dinamizando este barrio.

Noticias web

25/11/2019