CRTVG

Buscar

O Banco Santander rexistra unhas perdas históricas de 10.800 millóns

Publicado o 29/07/2020 21:24
O Banco Santander rexistra unhas perdas históricas de 10.800 millóns

O Banco Santander rexistra unhas perdas históricas de 10.800 millóns. É a primeira vez que entra en números vermellos e débese a un axuste contable pola impacto da crise da covid-19 de 12.600 millóns.

A entidade que preside Ana Botín presentou hoxe os resultados do primeiro semestre e recoñece  a posibilidade de pechar o ano tamén con perdas. Aínda así, sinalan que estas perdas non afectan a liquidez do banco e prevén pagar dividendos unha vez que o Banco Central Europeo levante o veto. O Santander rexistrou unha caída na bolsa de máis de catro puntos.

Noticias web

29/07/2020