CRTVG

Buscar

O banco Santander gaña un 14% menos polo custos de reestruturación tras absorber o Banco Popular

Publicado o 23/07/2019 19:51

O banco Santander acaba de presentar os resultados do primeiro semestre. Gaña un 14% menos polo custos de reestruturación tras absorber o Banco Popular. A entidade ten en marcha un ERE que suporá a saída duns 3.000 empregados.

Aínda así, o Santander gañou máis de 3.000 millóns de euros no que vai de ano. Uns resultados que foron ben acollidos no mercado, as accións do Santander subiron case un 4% en bolsa.

Noticias web

23/07/2019