CRTVG

Buscar

O Banco Mundial prognostica unha gran freada na economía chinesa

Publicado o 31/03/2020 09:09

O Banco Mundial prognostica que a economía chinesa vai sufrir este ano unha freada brusca debida ao coronavirus.

Na súa primera proxección tras a aparición da pandemia, o Banco Mundial prevé que o crecemento base do 2,3 podería non chegar ao 0,1 % na evolución máis negativa. O ano pasado a economía da China creceu o 6,1 %.

O informe do Banco Mundial céntrase en Asia e o Pacífico. E di sobre as consecuencias económicas do coronavirus que parece inevitable un dano económico significativo en todos os países.

O Banco Mundial sinala que por vez primeira en 30 anos o indicador de produción industrial chinesa se sitúa en negativo.

 

Noticias web

31/03/2020