O Banco de Alimentos de Vigo busca voluntarios
No Banco de Alimentos de Vigo agardan que estes teléfonos non paren de soar e que todas sexan chamadas solidarias. As das persoas que aínda precisan para poder acometer con éxito a Gran Recollida de Alimentos que realizarán os próximos 22 e 23 de novembro en supermercados da provincia de Pontevedra. Necesitan 2.000 voluntarios e faltan uns 300. E para incorporarse ao carro basta con estar disposto a compartir unhas horas do tempo de lecer.
Os voluntarios que durante todo o ano colaboran co Banco de Alimentos animan a calquera cidadán a botar unha man. Unha experiencia enriquecedora para as dúas partes.
Mans solidarias para recadar o máis posible e axudar os que o necesitan. O pasado ano, o Banco de Alimentos conseguiu máis de 300.000 quilos de alimentos, que permitiron abastecer unhas vinte mil persoas.