CRTVG

Buscar

O Banco de Alimentos de Vigo aumenta o seu traballo

Publicado o 06/04/2020 14:36

Son imaxes captadas polos propios responsables do Banco de Alimentos. As súas dependencias continúan activas en Vigo e Pontevedra. Por mor da crise sanitaria, adiantaron as súas entregas. Ata abril repartíranse xa máis de 300.000 quilos de alimentos entre os cento cincuenta colectivos sociais da provincia.

O inicio da pandemia coincidiu, ademais, coa chegada da terceira fase do Fondo de Axuda Europeo. No almacén de Lavadores, en Vigo, traballan estes días sete voluntarios entre extremas medidas de seguridade e prevención. Dáse a circunstancia de que moitos voluntarios son de idades avanzadas, polo que son poboación de risco. Os produtos entregados son sobre todo de primeira necesidade e non perecedoiros.

Noticias web

06/04/2020