CRTVG

Buscar

O balance de mortos polo tremor de Albania volve subir mentres se apuran as tarefas de rescate

Publicado o 28/11/2019 11:20
O balance de mortos polo tremor de Albania volve subir mentres se apuran as tarefas de rescate

Son xa 35 os mortos en Albania tras o sismo de 6,4 graos na escala aberta de Richter que sacudiu a costa dese país o martes, o máis forte en catro décadas. O último balance facilitado polas autoridades sitúa nunha trintena os feridos que continúan hospitalizados en estado crítico de entre os máis de 600 contabilizados. Fálase de polo menos vinte e cinco persoas desaparecidas.

Os equipos de rescate chegados desde países como Italia, Grecia e Turquía afánanse na busca de posibles superviventes, pero, pasadas 50 horas desde o tremor, as posibilidades de atopalos redúcense máis que considerablemente. Uns traballos que se seguen desenvolvendo entre réplicas continuas, con máis de medio milleiro xa, unha das últimas de 5,6 graos.

Máis de dúas mil persoas quedaron sen casa e varios centos delas que buscan acubillo en campamentos improvisados. Moitas máis son as que pasaron a madrugada fóra dos seus pisos, que non deixan de tremer.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí