CRTVG

Buscar

O avogado dos Peinados nega que tivesen intención de formar unha guerrilla para facerlle fronte á policía

Publicado o 31/10/2019 14:37

Os detidos na operación Peine, desenvolvida o pasado 21 de outubro no campamento dos Peinados, en Ferrol, non tiñan intención de formar unha guerrilla para enfrontarse coa policía, segundo explica o seu avogado.

"Négase non só que tivesen intención, senón que nin sequera pensasen na posibilidade de formar unha guerrilla...", di o avogado Mario Sánchez Trigo. 

Sánchez Trigo manifestou tamén que os seus representados non opuxeron a máis mínima resistencia á intervención policial.

Pola súa banda, a policía incidiu o día en que deu a rolda de prensa para dar os detalles desta operación na dificultade maior do operativo pola presenza das armas e o chaleco antibalas.

"Todo era dentro das vivendas, e iso supuxo unha gran dificultade para nós...", explica Jorge Rubal, comisario xefe de Ferrol-Narón. 

Nos rexistros practicados, os preto de 50 axentes que participaron incautáronse de, ademais de 11 armas e o chaleco antibalas, de 12.000 euros en efectivo, 13 quilos e medio de marihuana, 200 gramos de haxix, máis de cen gramos de heroína e outros tantos de cocaína, así como tamén material para cortar a droga. As investigacións continúan abertas e non se desbotan máis detencións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/10/2019