CRTVG

Buscar

O avogado da familia Franco reúnese co Goberno para falar da exhumación

Publicado o 14/10/2019 10:47

Tempo de desconto tamén para outro momento que marca un antes e un despois. Se nada se torce, os restos de Franco sairán do Val dos Caídos dentro dunha semana, entre o 21 e o 22. O executivo desmente que estea pechada a data. Hoxe, o avogado dos Franco reúnese cun membro do Goberno para ultimar os detalles. Mentres, o Val dos Caídos seguirá pechado.

O avogado da familia de Francisco Franco, Luís Felipe Utrera-Molina, reunirase este luns co Goberno, para falar das datass para a exhumación dos restos de Franco do Val dos Caídos.

O voceiro da familia Franco, Juan Chicharro, fixo estas declaracións a axencia EFE, aínda que non confirmou o membro do Executivo de Pedro Sánchez que atenderá a Utrera-Molina, así como tampouco o lugar e a hora do encontro.

As datas probables da exhumación foron adiantadas por fontes de Moncloa este domingo e engadiron que barallan eses días "se todo vai ben".

O Executivo, pola súa banda, negou que o presidente Pedro Sánchez precise xa a data concreta e que se limitou a ver como probables algunhas datas suxeridas pola prensa, como o 21 ou o 22.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/10/2019