CRTVG

Buscar

O Atlas da frota de baixura, unha nova ferramenta para a pesca sostible e eficiente

Publicado o 22/01/2021 15:20

Galicia conta cunha nova ferramenta para mellorar a xestión dos recursos pesqueiros. É o Atlas da frota de baixura do litoral, que analiza as artes menores e as súas especies obxectivo. A conselleira do Mar asegura que este documento contribuirá a unha pesca máis eficiente e sostible. 

"Necesitamos ter cada vez máis datos, acreditar que a actividade pesqueira se pode desenvolver de maneira sustentable. Este é o camiño, estou orgullosa de que Galicia é a primeira rexión de Europa que tén este traballo feito", asegurou a conselleira Rosa Quintana.

Noticias web

22/01/2021