CRTVG

Buscar

O Arde Lucus énche as despensas para ofrecer menús romanos e castrexos

Publicado o 14/06/2019 16:17

Nas rúas de Lugo xa se comeza a vivir o Arde Lucus, que comeza esta tarde. Especialmente na zona dos viños e dos restaurantes onde os hostaleiros aproveitaron a mañá para encher as despensas. Moitos establecementos ofrecen durante a fin de semana menús específicos para a festa que inclúen especialidades da época da conquista romana da cidade. Iso si, con toques de modernidade para facelos máis accesibles a todos os padais. Ademais, hai postos de comida polas rúas que tamén ofrecen a posibilidade de degustar eses manxares. E é que xa di o lema da cidade que "E para comer... Lugo".

"Temos un menú especial para estes días porque o pide a xente que vén"
"Damos un pouco de carne, peixe, marisco e polbo. E tamén empanada"
"Para estes días facemos un menú especial porque hai moita demanda"

Ademais dos menús elaborados con receitas e ingredientes propios da época romana e castrexa, os milleiros de visitantes que se agarda que acudan ao Arde Lucus tamén poderán degustar todo tipo de pratos e de bebidas nas ducias de postos de comida que hai espallados polas zonas onde se concentran as actividades da festa.

Noticias web

14/06/2019