CRTVG

Buscar

O anuncio do príncipe Henrique e Meghan Markle provoca o desgusto da raíña Isabel II

Publicado o 09/01/2020 16:43

Poucas semanas despois da retirada do príncipe Andrés, polos seus vínculos co magnate Jeffrey Epstein, acusado de pedofilia, agora é o neto da raíña Isabel o que abandona o barco da realeza. O príncipe Henrique e a súa muller, Meghan Markle, din que van dar un paso atrás e deixar as súas responsabilidades como membros da Casa Real.

Anunciárono a través dun comunicado nas redes sociales e din que o fan principalmente pola presión mediática que sufrían día tras día. O matrimonio pretende buscar un "novo rol" dentro da monarquía, co obxectivo de ser "financeiramente independentes". Adiantaron tamén que se van mudar co seu fillo de 8 meses a América do Norte, aínda que subliñan que pasarán temporadas no Reino Unido e que van seguir colaborando coa familia real.

Pero segundo a prensa británica, isto non vai ser doado, porque no Palacio de Buckingham hai un grande enfado polo proceder da parella. Aínda que o comunicado oficial di que "entendemos o seu desexo de levar o seu propio camiño", advirten de que "estes asuntos son complicados e levarán o seu tempo". Segundo a súa versión, en Buckingham non dan nada por feito, e din que "as conversas cos duques de Sussex aínda están nunha fase inicial".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/01/2020