CRTVG

Buscar

O ano di adeus con tempo seco e máis controis de tráfico nas estradas

Publicado o 31/12/2019 14:53

O ano remata con estabilidade atmosférica e no ceo galego alternarán as nubes e os claros. Esta noite non se agardan precipitacións, pero si néboas e xeadas.

"As néboas seguirán sendo protagonistas no interior de Galicia. A madrugada será fría, sobre todo entre a comarca de Fisterra e a de Ortegal, onde a pasada madrugada subiron as temperaturas, volverán descender. No resto, non haberá cambios significativos".

Esta madrugada pode haber xeo nas estradas e as néboas reducirán a visibilidade en moitas zonas de Galicia. Tráfico aconsella ter especial coidado nos traxectos curtos e nocturnos e adaptar a condución ás circunstancias.

"En caso de que haxa xeo, non frear, suxeitar ben o volante para intentar manter a dirección do vehículo. Se se circula por zonas de sombra ou viadutos, circular con máis precaución".

Os axentes de Tráfico están a facer controis de alcol e drogas desde pola mañá cedo, principalmente nas estradas secundarias.

"A xente ten a idea de que con dous viños ou dúas cañas non pasa nada, pero se se vai conducir hai que afacerse a non beber nada. A taxa legal é agora mesmo 0,25 e non se acada cun viño, pero a recomendación é non beber nada de alcol se se vai conducir".

Durante a campaña especial de Tráfico de Nadal do ano pasado faleceron cinco persoas nas estradas galegas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/12/2019