CRTVG

Buscar

O alto número de accidentes segue cuestionando a seguridade na A-55

Publicado o 09/01/2020 15:20

Comeza un novo ano e a autovía que une Vigo e O Porriño segue sendo líder de accidentes.

Constátano os condutores e as cifras. Este accidente é un dos máis recentes e aparatoso. Aconteceu este pasado mes de decembro nun dos puntos máis complicados deste vial ao seu paso por Mos.

A pesar dos radares e da diminución da velocidade, o quilómetro doce desta autovía segue sendo un dos máis perigosos de España. Nel contabilízanse 142 accidentes e 238 vítimas.

E a pesar de rebaixarse neste tramo a gravidade dos sinistros, o certo é que o comezo do ano iniciouse xa con varios accidentes e co saldo de sete persoas feridas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/01/2020