CRTVG

Buscar

O alcol en exceso pode producir arritmias

Publicado o 30/12/2019 14:50

O consumo excesivo de alcol pode provocar arritmias cardíacas mesmo en xente nova e sa, polo que os médicos aconsellan moderación nestas datas. As comidas abundantes e a falta de descanso enganden risco.

As bebidas alcólicas poden alterar o ritmo cardíaco e procovar episodios de fibrilación auricular en persoas sas. Chámase síndrome do corazón festivo, e normalmente aparece horas despois de beber.

"Na síndrome da resaca, ao día seguinte, moita xente percibe palpitacións, latidos cardíacos irregulares, e aquí e noutros hospitais moita xente nova sen patoloxía cardíaca, despois dunha transgresión alcólica importante, dunha borracheira, moitos deles acoden a urxencias con esa arritmia", explica José Ramón González Juanatey, xefe de Cardioloxía do Complexo Hospitalario de Santiago.

Ten que haber un consumo abundante para que se produzan, aínda que os expertos lembran que non hai risco cero.

"Cun consumo lixeiro e mesmo moderado de alcol, o risco de desenvolver fibrilación auricular é moi baixo. Pero, ollo, o consumo excesivo de alcol é moi variable entre persoas, hai persoas que con dúas copas de viño poden desenvolver a arritma, e outras necesitan un consumo máis excesivo", engade Juanatey.

Na maioría dos casos as arritmas asociadas ao alcol non deixan secuelas e ceden sen necesidade de tratamento, pero poden indicar unha predisposición a padecelas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/12/2019