CRTVG

Buscar

O alcalde socialista de San Sebastián de los Reyes négase a transferir os seus aforros ao Estado

Publicado o 13/08/2020 14:15
O alcalde socialista de San Sebastián de los Reyes négase a transferir os seus aforros ao Estado

Seguen as críticas dos alcaldes ao decreto do Goberno para a cesión dos seus aforros. Desta volta, trátase dun alcalde do PSOE, o da localidade madrileña de San Sebastián de los Reyes. Asegura que non vai transferir os seus remanentes ao Estado porque o seu compromiso é cos veciños.

Súmase así aos rexedores doutros quince partidos, que tamén amosaron a súa desconformidade co texto. E ante a falta de apoio, o Goberno amosouse disposto a volver negociar o acordo que asinara coa FEMP.

Noticias web

13/08/2020