O aeroporto de Peinador vai continuar cun só voo semanal ata xuño
Publicado o 13/05/2020 12:02
O aeroporto de Peinador apraza a súa "nova normalidade" ata xuño e continúa cun só voo semanal.
A terminal viguesa non aumentará de momento a súa oferta, e cando o faga será de forma gradual.
Peinador só ten, polo de agora, unha conexión a Madrid de Iberia. A liña aérea, que tiña previsto aumentar xa a súa oferta, cambiou de plans. Será no mes de xuño cando esta ruta opere xa a diario.
Mentres, o enlace con Barcelona regresará o 1 de xullo. Tamén nese mes poderían reactivarse os voos con Alacante, Bilbao, Sevilla e París. E para setembro agádarse o regreso das conexións con Gran Canaria e Tenerife.
Máis sobre actualidade
22/01/2021 21:52