CRTVG

Buscar

O Adif descúlpase por guindar ao Sil os vagóns que descarrilaran

Publicado o 12/08/2020 15:49

A presidenta do Adif pediu desculpas por guindar ao río Sil os vagóns que descarrilaran en Carballeda de Valdeorras.

Cos vagóns xa retirados do leito do Sil, a presidenta do Adif visitou este mércores a zona e pediu perdón polo acontecido e dixo que o compromiso do Adif co medio ambiente está fóra de dúbida.

As tarefas céntranse agora reparar a contorna danada. A vía afectada reábrese ao tráfico este mesmo mércores.

Noticias web

12/08/2020