CRTVG

Buscar

O acusado polo crime de Chapela asegura que se arrepentirá toda a vida

Publicado o 10/04/2019 22:10

Na derradeira xornada do xuízo polo crime de Chapela, o acusado fixo uso do dereito á última palabra. Dixo que se arrepentirá toda a vida por non quedar na casa a noite de San Xoán de 2017, cando lle disparou mortalmente a un mozo na praia de Arealonga. O procesado leu unha carta manuscrita en que lles expresou o seu pésame á familia e aos amigos da vítima e dixo que cambiaría a súa vida pola do falecido sen pensalo. Rematou dicindo que non tiña perdón.

Coa alegación do acusado rematou o xuízo. Antes, a Fiscalía nas súas conclusións abriu a porta a rebaixar a petición inicial de 42 anos de cadea a 35. A defensa ratificouse en pedir a libre absolución. O xurado popular comezará a deliberación do veredicto este xoves.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/04/2019