CRTVG

Buscar

O dono da leira onde morreu Julen di que a condena será "de por vida"

Publicado o 21/01/2020 12:53

Finaliza o percorrido xudicial do caso Julen, o neno que morreu ao caer nun pozo en Málaga. O dono do terreo onde estaba o goio chegou a un acordo coa Fiscalía e os pais da vítima en que aceptou un ano de cadea e unha indemnización de 180.000 euros.

"Quero pedirlles perdón aos pais polo dano acasionado. E que eu en ningún momento quixen que ao neno lle pasase nada", dixo David Serrano, e así pedía perdón aos pais de Julen.

O xulgado condenouno de un ano de cadea, a pagar 180.000 euros para os pais e máis de 660.000 para a Junta de Andalucia polo gastos feitos no dispositivo de rescate do neno morto. O xuíz tivo en conta as atenuantes de recoñecemento tardío dos feitos e a reparación de dano ao pagar o acusado os primeiros 25.000 euros á familia. 

"Satisfeito nunca vou poder quedar", dixo o pai de Julen. 

"A condena vouna levar de por vida non é o que dixera o xuíz pero... nada", asegurou David Serrano.

"Eles estiveron en contacto, quedaron un día, creo que foi o pasado xoves, déronse unha aperta e tiveron unha conversaicón privada de tres horas e a partir de aí puidemos acadar este pacto. Este final feliz, como digo eu, sempre dentro da traxedia", explicou o avogado defensor.

O acusado saía do xulgado aliviado e pactou un pagamento de 50 euros ao mes para ir cancelando a débeda que agora ten. Está sen traballo. Uns prazos que se revisarán cando mellore a súa situación económica. A pena de cárcere quedou en suspenso, con obriga de comparecer cada seis meses no xulgado.

Noticias web

21/01/2020