CRTVG

Buscar

O acusado de matar a súa muller na Coruña di que non se arrepinte do que fixo

Publicado o 14/10/2020 14:59

Continúa na Audicencia Provincial da Coruña o xuízo polo crime na rúa da Estrela, na Coruña. Esta mañá, Ramón Saiz, o procesado, explicoulle á sala que a noite anterior aos feitos ambos os dous planearan suicidarse e que quedaran en que el a axudaría a morrer.

Dixo que aquel 18 de xullo, despois de xantar, ambos os dous estaban na cama e que a súa muller collera o coitelo da mesiña de noite e que o achegara ao pescozo.

"E eu díxenlle: que fas? A min tremíame todo. Collino coas dúas mans. E ela colleume polo antebrazou e guiouno. O coitelo foi só", explicou Ramón Saiz, o procesado.

Ningunha das acusacións o cren. Teñen claro que os feitos son constitutivos dun delito de asasinato con aleivosía coas agravantes de xénero e parentesco.

"Aquí hai que decidir se se trata dun asasinato ou non. E pártese dunha confesión en que utilizan como coartada unha persoa vexada, especialmente vulnerable, cun trastorno grave, que tiña que estar ingresada nunha clínica e el sácaa coa finalidade de matala", asegura Jorge Vidal, o avogado da acusación particular.

"É un mentireiro, é bebedor, é infiel... e o máis importante: é un asasino", manifesta Jonathan del Corral, fillo da vítima.

O xuízo, que se celebra con xurado popular, prolongarase toda esta semana.

Noticias web

14/10/2020