CRTVG

Buscar

O acusado de intentar matar a súa ex-parella pídelle perdón

Publicado o 05/11/2019 14:27

Na Coruña, quedou visto para sentenza o xuízo contra un home acusado de intentar matar a súa ex-parella o verán pasado en Ribeira por non volver con el. As dúas acusacións consideran probado que o investigado actuou de xeito planificado porque agardou pola vítima nun portal coa cabeza e a cara tapadas e, sen mediar palabra, actuou cun coitelo de grandes dimensións porque ela xa iniciara outra relación sentimental e non quería volver con el. Por iso, a acuasación particular pide 15 anos de cadea por tentativa de asasinato con agravante de parentesco. Porén a Fiscalía rebaixa a pena a dez anos de prisión.

Pola súa banda, a defensa argumenta que o procesado en ningún momento tivo intención de danar a súa ex-parella, porque non o fixo, aínda que tivo oportunidade noutras ocasións. Amais subliñou os problemas que o acusado ten coas drogas e os seus intentos de suicidio. Reclama que se lle rebaixe nun grao a pena de tentativa de homicidio.

Ao rematar a vista, o procesado pediu perdón polo mal momento, dixo, que pasaron a vítima e a súa familia.

Noticias web

05/11/2019