CRTVG

Buscar

O acusado de agredir sexualmente unha muller na Coruña acepta seis anos de cadea

Publicado o 04/03/2020 14:28
O acusado de agredir sexualmente unha muller na Coruña acepta seis anos de cadea

Seis anos de cadea e unha indemnización de 7.000 euros. Esta é a pena que aceptou un home acusado de agredir sexualmente unha muller, na Coruña, coa que contactou a través dunha páxina web para manter un encontro sexual con preservativo a cambio de 50 euros. Segundo o escrito da acusación, nun momento dado, o home decidiu prescindir do método anticonceptivo e, ante a negativa da vítima, púxose violento, agarrouna polos pelos e polo pescozo e, tras inmobilizala, agrediuna sexualmente. Na vista oral, celebrada esta mañá na Audiencia Provincial da Coruña, o xa condenado declarouse autor destes feitos polos que a fiscalía solicitaba, inicialmente, dez anos de prisión.
 

Noticias web

04/03/2020